lunes, 14 de mayo de 2012

Imaxes que conmoveron ó mundo: a execución de Mussolini e Clara Petacci

Nesta imaxe vemos mortos e colgados a Benito Mussolini, dictador fascista que gobernou Italia dende o 1922 ata o 1945 ,e a súa amante Clara Petacci. A   foto foi tomada o 29 de Abril de 1945 na plaza Loreto de Milán. A execución de Mussolini e Clara Petacci tivo lugar o día anterior a mans dos partisanos. O 28 de Abril despertáronos, leváronos cerca do lago Como, fixéronos baixar do coche e o capitán Valerio,militante comunista, leu unha sentencia do pobo italiano  que condenaba a Mussolini á morte. A continuación Valerio sacou a metralladora, Clara  púxose diante para protexer a Mussolini, primeiro morre Clara e minutos despois él. Os cadáveres foron levados nun camión a Milán e expostos o día 29 na plaza Loreto, foron colgados cabeza abaixo, como se pode observar na foto. Unha vez alí foron sometidos a toda clase de insultos e violencia á mans do pobo,ata o punto de rematar cos rostros irrecoñecibles. Esta foto é moi  impactante  e mostranos a violencia dos partisanos que acabaron coa vida de Mussolini. Non só o fusilaron senón  que despois exhibiron o seu cadáver e o da súa amante na plaza Loreto para que o vise a poboación.Mussolino morre coa violencia que él exercera anteriormente cos seus adversarios.
Paula Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario