miércoles, 28 de marzo de 2012

Trotsky: a revolución universal


Leon Trotsky naceu en 1879 en Ucrania e foi un dos principais ideólogos e políticos da revolución bolxevique de febreiro de 1917. Tamén foi o creador do Exército Vermello que loitou pola instauración da URSS. Creceu no seo dunha familia xudea de clase media e estudou matemáticas en Nicolaiev, alí coñece e introdúcese nos círculos marxistas. Pola súa postura revolucionaria contra o zarismo é deportado a Siberia, donde coñece a Lenin, tamén exiliado polo réxime zarista. Tomou parte na revolución de 1905, polo que foi exiliado novamente. Anos despois percorre varios países relacionándose cos focos revolucionarios marxistas. En 1917 tomou parte activa na revolución bolxevique e formou parte do Comité Central do partido ademáis de ser nomeado Comisario de Guerra, posto desde o que crea o Exército Vermello, que loita contra o Exército Branco na Guerra civil que asolou a URSS desde 1918 ata 1921. Coa temprana morte de Lenin, enfróntase pola sucesión con Stalin. Polas diferenzas ideolóxicas é desterrado da URSS. Percorre varios países antes de establecerse en México en 1937, donde é acollido polos pintores Frida Kahlo e Diego Rivera. Tras varios intentos de atentado é asasinado en 1940 por Ramón Mercader, baixo a orde de Stalin.
Helena Del Río

No hay comentarios:

Publicar un comentario