miércoles, 28 de marzo de 2012

Picasso e o Cubismo


Pablo Ruiz Picasso foi un pintor e escultor español, creador, xunto a George Bracque e Juan gris, do movemento cubista. Naceu en Málaga en outubro de 1881. Desde 1897 traballa en Barcelona e entra en relacióncos ambentes artísticos do modernismo catalán. Alí frecuenta "Els Quatre Gats", lugar de encontro de intelectuais. En 1901 instálase en Madrid donde funda e dirixe a revista "Arte Joven".Entre 1901 e 1904 leva a cabo os cadros que corresponden a súa Etapa Azul, en cuxas obras dominan os tons azuis. En 1905 a súa pintura cambia de cor e comeza a denominada Etapa Rosa que se prolonga ata 1906. Nesta etapa os tons son rosas pasteis principalmente. 1907 é considerado o ano do nacemento do Cubismo ó pintar "As señoritas de Avignon". Este movemento rompe coa perspectiva, nos cadros aparecen formas xeométricas e vistos desde diferentes ángulos de visión. En 1912 introdúcese o Cubismo Sintético que xurde froito da introdución do collage, descuberto por picasso e con importantes consecuencias na historia da pintura occidental. A partir de 1917 Picasso comeza unha nova etapa, a denominada neoclásica, caracterizada por formas escultóricas e imaxes grandiosas. Sen embargo, Picasso nunca abandona o cubismo. En 1924 Picasso déixase influenciar polo Surrealismo. Picasso vai abrindo novos camiños na arte, busca constantemente novas vías, innova continuamente, de aí a súa xenialidade. En 1936, cando estala a Guerra Civil en España, o goberno da República encárgalle un cadro: "O Guernica". É un compendio do cubismo e unha obra que denuncia a guerra, entendida esta como universal. Na etapa final da súa vida realiza relecturas de grandes obras da pintura universal. Picasso morre en abril de 1973.
Jorge Sánchez e Noé Castro

No hay comentarios:

Publicar un comentario