jueves, 29 de marzo de 2012

O Futurismo: "Dinamismo dun ciclista"


Umberto Boccioni foi un pintor e escultor italiano, principal representante do Futurismo. Esta é unha vangarda, unha arte revolucionaria que marcará un antes e un despois no mundo da arte. O Futurismo nace en Italia a comezos do XX e une a un grupo de mozos de talante incorfomista que proclamaba a morte da arte do pasado e o nacemento da arte do futuro. Esta corrente caracterizarase por un intento de captar a sensación de movemento. Ademáis de Boccioni destacan como futuristas Giacomo Balla coa súa obra "A guerra", Carlos Carrá e a obra "Partita de calcio" ou Luigi Russdo con "The music". Boccioni pintou o cadro "Dinamismo dun ciclista" no ano 1913 no cal as liñas se organizan en disparatadas rectas, moi próximas ao cubismo, pero cun movemento frenético, case desesperado. Nesta obra expresa a sensación de dinamismo presentando unha secuencia de varios movementos ó mesmo tempo. Outras obras de Boccioni son "Dinamismo dun corpo" ou "Elasticidade"
Paula Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario