sábado, 5 de noviembre de 2011

María Antonieta: a película


"María Antonieta" é unha película de 2006 dirixida por Sofía Coppola. Baséase na biografía da raíña de Francia. A historia comeza cando María Antonieta, con catorce anos, é afastada da súa familia en Viena e levada á suntuosa corte de Versalles en París, para contraer un matrimonio concertado co herdeiro do trono de Francia, o futuro Luis XVI. O luxo, as festas e os amantes forman parte da vida da raíña na decadente corte francesa nos momentos previos á revolución. O fin da monarquía ten lugar no ano 1793 durante a Convención Xirondina. María Antonieta é levada á guillotina ó igual que o seu esposo Luis XVI.
A película acadou o Óscar ó mellor vestuario en 2006.
Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario