sábado, 5 de noviembre de 2011

A independencia dos EEUU


A independencia dos Estados Unidos de América é un feito moi importante da Historia Contemporánea. É a primeira vez que na historia recente unha colonia rompe os seus lazos coa súa metrópole. É unha revolución burguesa baseada nos principios da Ilustración. Da lugar á primeira Constitución democrática do mundo en 1787, cuxas bases son as da Ilustración (División de poderes, igualdade xurídica, así como os dereitos inalienables e as liberdades básicas do individuo plasmados no texto). Serve de exemplo ás revolucións posteriores: Francia, 1789, as revolucións de América Latina no primeiro tercio do XIX e as revolucións liberais europeas de 1820 e 1830, nas que a burguesía é a protagonista.
María Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario