martes, 15 de junio de 2010

O estraperlo durante a posguerra española


A posguerra española (1939-1959) caracterízouse pola crise económica e o afundimento demográfico. A industria, a agricultura e as vías de comunicación sufriran grandes estragos pola guerra, os salarios eran moi baixos, e a pobreza e a miseria formaban parte da vida cotiá. A escasez era terrible, polo que houbo que continuar co racionamento, propio dun estado en guerra. Isto deu lugar á aparición do mercado negro, un comercio ilegal que foi coñecido na época co nome de estraperlo. Designouse así por un tipo de ruleta eléctrica da marca "estraperlo" que era controlada por un botón, o que permitía facer trampa. Esta ruleta fíxose moi popular durante a República e despois da Guerra Civil. Os estraperlistas, polo tanto, eran os que se dedicaban a este comercio, provocado pola escasez de alimentos e os artigos de primeira necesidade. O mercado negro era unha maneira de subsistir durante a posguerra e a forma de facer certa fortuna; xa que produtos como o aceite, cuxo prezo oficial do racionamento era de 4.8 pesetas (do ano 44), no mercado negro acadaba as 12 pesetas; o pan, cuxo prezo oficial do racionamento era de 1.57 pesetas, no mercado negro era de 7 pesetas; o café valía no racionamento 24 pesetas e no mercado negro pasaba a 50 pesetas.
Jennifer García Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario