miércoles, 2 de junio de 2010

O Apartheid

O Apartheid foi un fenómeno de segregación racial imposto en Sudáfrica ao longo do século XX. Apartheid significa "separación", xa que consistía na división dos diferentes grupos raciais. Os blancos dirixían este sistema, promulgando toda unha serie de leis discriminatorias. Os negros non eran considerados cidadáns tendo que desprazarse a zonas designadas para eles; non podían ocupar posicións no goberno, non tiñan dereito ó voto, non podían posuir negocios nin exercer prácticas profesionais nas zonas do blancos, o transporte público lles estaba prohibido, os edificios públicos tiñan accesos diferentes para blancos e negros, a educación superior lles estaba prohibida e tamén os matrimonios mixtos... Isto deu lugar a unha serie de revolucións e resistencias no país. A abolición do Apartheid foi debida aos cambios que ocurriron en Sudáfrica a finais da década dos 80 e principios dos anos 90. A nivel mundial puxéronse sancións económicas e desinversións a Sudáfrica, a moeda ran chegou a niveis tan baixos que foi necesario declarar un estado de emerxencia. O presidente Botha foi reemplazado en 1990 por De Klerk, que anuncia a eliminación das leis discriminatorias. Nos anos seguintes foi desmantelado o sistema de apartheid. O principal activista contra o Aparthei foi Nelson Mandela.
María Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario