miércoles, 16 de junio de 2010

Castelao


Foi político, escritor, médico e debuxante galego, ademáis de ser un dos pais do nacionalismo galego. En 1912 entrou a formar parte de Acción Galega, e ese mesmo ano casou con Virxinia Pereira. En 1916 obtén, por oposición, unha praza na Delegación de Pontevedra do Instituto Xeográfico e Estadístico. En 1916 foi un dos fundadores de Irmandades da Fala. Tras a morte do seu fillo, con tan só catorce anos, en 1931 foi elixido deputado como galeguista independente para as Cortes Constituíntes, participando na constitución do Partido Galeguista. En 1936 foi deputado pola Frente Popular. Tomou parte de maneira moi destacada na campaña polo si do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en plebiscito en xuño de 1936. A sublevación militar sorprendeuno en Madrid, instalándose en Valencia a finais de 1936, e posteriormente en Barcelona e máis tarde tivo que partir cara o exilio. Foi o máximo impulsor do Consello de Galicia en 1944 en Montevideo, que pretendía agrupar aos deputados galegos no exilio. Faleceu o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, sendo trasladado posteriormente a Galicia, ao monasterio de San Domingo de Bonaval, xunto a outros galegos ilustres. Entre as súas obras máis importantes cabe salientar as seguintes; "Un ollo de vidro", "Os dous de sempre", "Sempre en Galiza" e "Os vellos non deben namorarse", entre outras.
Jorge Gallego Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario