sábado, 8 de mayo de 2010

Un episodio da Guerra Fría: A guerra de Corea

Despois da derrota de Xapón tras a II Guerra Mundial, o norte da península coreana foi ocupada polas tropas da URSS, e o sur, a partir do paralelo 38º, por EE.UU. A pesar dos acordos internacionais, nin as dúas grandes potencias nin a ONU conseguiron a unificación En 1949 produciuse a retirada dos soviéticos e dos estadounidenses, polo que a división de Corea se consolidou. Corea do Norte posuía unha maior riqueza industrial, eran comunistas (República de Corea) e Corea do Sur tiña mais recursos agrarios, estaba gobernada por unha ditadura militar (República Democrática Popular de Corea). Co triunfo da revolución comunista en China, Stalin, deu o seu acordo a un ataque norcoreano a Corea do Sur. O 25 de Xuño de 1950 as tropas de Corea do norte atravesan o paralelo 38º cara ó sur quedou reducida en torno a Pusan. A reacción norteamericana foi inmediata, Washington conseguiu un mandato da ONU para facerlle fronte a Corea do Norte. Gracias a isto Corea do Sur recuperou rapidamente o terreo perdido e tomaron a Seul como capital. O exército chino, co apoio do soviético sacou ó norteamericano de Corea. Foi cando o xeneral estadounidense, MacArthur, propuxo o bombardeo atómico ó norte de China. Isto levou a negociacións que rematan coa guerra de Corea o 17 de Xullo de 1953, despois da morte de Stalin. Finalmente, acordouse unha liña divisora entre Corea do Norte e Corea do Sur tomando como referencia ó paralelo 38º.

Ana María Meilán Sánchez

José Antonio Rodríguez Carballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario