sábado, 8 de mayo de 2010

Fidel Castro

Fidel Castro naceu en 1926 en Cuba, fillo de Ángel Castro, un galego de orixe moi humilde alí emigrado. A pesar da mala situación económica da súa familia, Fidel estudiou en Santiago de Cuba e máis tarde en La Habana. Licenciose en Dereito e Ciencias Sociais. Axiña amosou interés na política e nas actividades revolucionarias de esquerda contra a dictadura de Batista. Militou no Partido do Pobo Cubano. En 1949 casou coa súa prometida María Díaz Balart. Fidel seguiu na loita revolucionaria, estivo no fracasado asalto ao Cuartel Moncada en Santiago de Cuba, que o levou a cumprir dous anos de prisión. Foi exiliado a EEUU e despois a México. Aquí preparou un segundo golpe contra o dictador Batista a través da organización dunha guerrilla. Entrou en La Habana en 1959 xunto a Ernesto Che Guevara. Xa no poder, Fidel Castro acércase á URSS, e comeza así a reforma profunda do estado, que pasou pola nacionalización dos recursos cubanos, unha reforma agraria baseada na colectivización, un partido único, o exilio dos opoñentes...Cuba convertiuse nun estado socialista aliñeado á URSS. EEUU contemplou isto como algo moi perigoso, hai que entender o contexto de Guerra Fría do momento. De feito, en 1962, estala a crise dos mísiles, que estivo a punto de acabar nunha guerra nuclear. As negociacións entre o presidente norteamericano Kennedy e o máximo dirixente soviético Jrushev puxeron fin ao conflito. Castro mantivo na illa un réxime marxista-leninista. Mantivo relacións co Terceiro Mundo, e obtivo grandes logros en sanidade e educación. Coa desintegración da URSS e o COMECON os problemas para Fidel e o estado cubano empeoraron. En 2006, Fidel anuncia a súa retirada provisional por enfermidade, en 2008 a súa retirada é definitiva, deixando no mandato ó seu irmán, Raúl Castro.
Sasha Suárez Mosquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario