viernes, 21 de mayo de 2010

Bandung: a Descolonización


En Bandung, cidade da illa de Xava, en Indonesia, reuníronse en abril de 1955 representantes de vintenove países (dezasete asiáticos, oito árabes e catro africanos) que desexaban ter un papel máis importante no contexto internacional. Esta Conferencia marca o nacemento do Terceiro Mundo, aínda que o termo é posterior. A Conferencia de Bandung celébrase nun momento no que a Guerra Fría rixe as relacións internacionais, e os novos estados salidos da Descolonización queren evitar calquer vinculación coa política de bloques, inaugurando así a neutralidade que os caracterizou. A Conferencia de Bandung realizouse co fin de apoiar o proceso de descolonización de aqueles países que aínda estaban sometidos á ocupación occidental, fomentar a solidariedade entre estes pobos e axilizar o seu desenvolvemento. Falouse de cooperación económica e cultural, de asistencia técnica e alabouse o valor das culturas nacionais. O programa de non aliñeamento e outras declaracións en favor da paz internacional, como a oposición ás armas nucleares e a favor da negociación entre os bloques (capitalista liderado pola URSS e comunista liderado por EEUU), favoreceu a convocatoria de novas conferencias. Nelas non só se viu a necesidade dunha cooperación senón tamén na consecución dunha independencia económica. Isto, sen embargo, se o vemos desde a perspectiva actual, non se acadou na maioría dos novos estados. Neocolonialismo e Terceiro Mundo, hoxe, son sinónimos.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario