lunes, 15 de marzo de 2010

Trotsky no exilio

Este ano cúmprense setenta anos do asasinato de Trotsky en Coyoacán, lugar de México donde estaba exiliado. A orde de execución veu de Josef Stalin. Trotsky fora o colaborador máis achegado a Lenin, líder da revolución bolxevique. Foi un brillante escritor e xefe do Exército Vermello desde os seus inicios. As disputas internas trs a morte de Lenin en 1924 o relegaron primeiro, para despois ser obrigado ó exilio. Trotsky era partidario de exportar a revolución fora da recén creada URSS, sen embargo Stalin prefería consolidar a revolución interna no territorio soviético. A ideloxía de Stalin impúxose e Trotsky tivo que sair do país. Trotsky distanciouse así da revolución bolxevique, e da dictadura do Partido. Refuxiose en México, alí coñeceu ó pintor Diego Rivera e a súa muller, tamén pintora, Frida Kahlo. Con esta se rumoreou que tivo unha relación amorosa. As circunstancias da súa morte nunca quedaron aclaradas, pero é posible que figuras do partido comunista mexicano (prosoviéticos) estiveran implicados. En maio de 1940 sufre un primeiro atentado, sen éxito. En agosto do mesmo ano, un comunista, Ramón Mercader, asesta un golpe a Trotsky cun pico de alpinismo, morrendo ao día seguinte. Con él morría tamén unha parte da revolución.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario