martes, 16 de marzo de 2010

O Dadaismo: Marcel Duchamp

Esta obra de Marcel Duchamp hai que encuadrala no Dadá ou Dadaísmo. Foi un movemento artístico, comprendido entre 1916 e 1922, baseado na negación dos valores cotiáns, que eran alterados, para ser levados ao museo e ser considerados arte. O Dadá caracterizouse por ser un movemento provocador. De feito, colocarlle bigotes á Mona Lisa era unha maneira de desacralizala, así como colocar un urinario no museo. Os dadaístas pensaban que unha obra calquera, polo feito de estar no museo, xa adquiría a categoría de obra de arte. Duchamp naceu en 1887 en Blainville (Francia). e comeza a pintar desde moi novo. Despois de realizar varias obras na liña do Fauvismo, dedicouse a experimentar na arte de vangarda. Foi un pioneiro na arte cinética e dos "ready mades". En "Desnudo baixando unha escaleira" expresa o movemento continuo a través dunha cadea de figuras cubistas superpostas. Os "ready mades" eran a combinación de obxectos cotiás, por exemplo a roda dunha bicicleta ou un portabotellas, que podían converterse en arte. Duchamp foi un provocador, esa é a súa importancia na historia da arte, ademáis de influir notablemente no Surrealismo de entreguerras.
Ignacio Vilariño Rey

No hay comentarios:

Publicar un comentario