lunes, 15 de marzo de 2010

O crac do 29

A denominación de "felices anos vinte" ou "anos tolos" corresponde a prosperidade económica que tivo Estados Unidos a partir dos anos 20 e que acabaría co crac do 29. Esta época de prosperidade comezou sobre todo no 22. Isto ocorreu debido a varios factores: que EEUU foi o único que saíu beneficiado da I Guerra Mundial xa que non perdeu moitos soldados e os campos de batalla foron en Europa (o que provocou a destrución de moitas fábricas europeas). Con isto, EEUU aproveitouse desta situación exportando os seus produtos a Europa, que estaba necesitada, e ademais facendo préstamos dos que máis tarde cobraba os intereses. O comezo dos pagos a prazos provocou o consumismo en EEUU, o automóbil, electrodomésticos ou o teléfono eran aínda inventos recentes e resultaban bastante custosos, e con esta forma de pago a xente que non tiña un poder adquisitivo alto podía pagalos. Esta etapa tan boa economicamente acabaría o 24 de outubro, no denominado "Xoves Negro". Ocorreu porque as exportacións agrarias ían en decadencia, debido en gran parte a que Europa se estaba recuperando da guerra, isto deixou sen emprego a 10 millóns de habitantes estadounidenses que optaron polo éxodo rural e foron vivir ás cidades. Por medo a non dar vendido estes produtos moita xente dirixiu a súa mirada a bolsa para obter beneficios. A compra de accións provocou a súa súbida, pero esto era unha burbulla especulativa, xa que as accións non subían polo seu valor real, senón pola demanda que tiñan. Moita xente pediu créditos os bancos para comprar accións. Cando estas accións pararon de subir, todos quixeron vendelas para perder o mínimo posible, o que desembocou na baixada de prezos; e cantas máis accións se vendían máis baixaban os prezos. O 29 de outubro os bancos pediron os cartos do diñeiro prestado e estes cartos non os tiñan os cidadáns. Este día foi chamado o "Martes Negro" e o verse na ruína, moitos decidiron suicidarse. Finalmente esta crise repercutiu no resto de mercados mundiais porque EEUU era o principal proveedor de mercancía e capital, unhas mercancías que deixarían de exportarse en gran medida, e un capital que sería repatriado.

Juan Varela Armas

Martín Mejuto Sobrado



No hay comentarios:

Publicar un comentario