martes, 16 de marzo de 2010

A moda dos anos 20


Os "felices anos 20" refírense á década de prosperidade dos Estados Unidos, anos nos que a economía crece, dando lugar a importantes cambios na sociedade. A moda cambia totalmente, sobre todo nas mulleres, xa que se sentían máis libres e iguais que os homes. Renovaron totalmente a súa vestimenta, foi a súa forma de manifestarse. Os largos das faldas e vestidos aparecen nas pasarelas a altura dos xeonllos, moitos homes viron mal isto, xa que as ligas de suxeción das medias quedaban ao descuberto. Sen embargo, convertíronse en bonitos accesorios xa que incluso se lle engaden pedras preciosas. Moitas mulleres que non tiñan curvas no seu corpo chegaban a vendarse o busto para lucir máis .

Na vestimenta apareceron cores totalmente novas e brillantes. Os vestidos sen mangas foron os preferidos nesta época, eran simples, con cores claras e con contas. Usáronse materiais novos coma o nailón e novos cortes máis estilizados. Os zapatos e medias foron o novo foco de atención debido ás cores, novos estilos e materiais. As medias de seda en sombra de cor pastel eran as favoritas das mulleres. Os traxes de baño, de ser escuros, anchos e feos pasaron a ser axustados e lixeiros, con moito colorido. Os sombreiros eran elegantes e orixinais. Estaban feitos de novos materiais, e as mulleres os combinaban dependendo da vestimenta que levaran. Os había de froitas, flores, con encaixes,con alas amplas... Os bolsos e monedeiros eran de diversas e bonitas cores, e convertéronse nun accesorio indispensable, xa que non se saía da casa sen eles. Outros accesorios coma pulseras, colgantes, broches, reloxos, aneis complementaban a vestimenta a xogo co bolso, zapatos e sombreiros. Os deseñadores se inspiraron inspiración en Oriente e Exipto. As mulleres maquillábanse cunha base de cor clara, os ollos estaban pintados cun lapis de cor negra en forma de media luna, as sombras maquillábanse tamén con rimel e as cellas pasábanlle un lapis marrón moi fino, desa forma quedaban unhas cellas bonitas. Nos beizos levaban cores da gama do vermello e os coloretes dun ton rosa. Os cabelos levábanse curtos, se eran largos facíanse ondas. Unha das mulleres máis importante destes anos foi Madame Paquin, que foi nombrada presidenta na seción de moda de París e fundou casas da sua marca por toda Europa. Fíxose famosa debido ós seus luxosos e románticos vestidos artesanais, incluso creou vestidos de rúa para poñelos de noite. Ainda agora, na actualidade, vestimos con características desa época na que tanto primou a moda feminina

Sasha Suárez Mosquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario