martes, 16 de marzo de 2010

Eva Braun

Detrás dun gran home sempre hai unha gran muller. Sen embargo, quen estaba detras do monstruo? Eva Braun foi a compañeira e amante de Adolf Hitler. Naceu o 6 de febreiro de 1912 en Munich, era filla dun maestro de escola e dunha modista, que tiveron duas fillas máis, Ilse e Gretel. A familia de Eva era católica e de clase media-baixa. A súa relación con Hitler empezou en 1930, cando tiña 18 anos, e él 41. Hitler mandou investigar se tiña antepasados xudeus. Nunca se amosaba en público con ela por razóns de prestixio. Os historiadores sempre a definiron como "unha rubia tonta e superficial". Sen embargo, unha biografía actual varía esta visión dela. Eva vivíu , xunto a Hitler, en Berghof, a sé nazi nos Alpes. Era moi aficionada á fotografía e tomou moitas escenas da vida cotiá do ditador. A Eva gustáballe fumar, beber, bailar, lucir moda italiana e facer festas na famosa casa dos Alpes. Intentou suicidarse dúas veces, a razón foi a soidade que sentía coas constantes ausencias de Hitler. En abril de 1945, pouco antes de acabar a II Guerra Mundial, Eva trasládase co seu compañeiro ao búnker, e, ante a chegada inminente dos rusos, cásanse. O día seguinte, 36 horas despois da cerimonia e dous minutos despois do suicidio de Hitler, Eva tamén acaba coa súa vida.
Verónica Gómez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario