lunes, 15 de marzo de 2010

Coco Chanel: a imaxe da nova muller

Gabrielle "Coco" Chanel foi unha deseñadora francesa de moda convertida nun mito grazas a súa personalidade fría e enigmática. Impuxo a partir dos anos 20 un estilo intemporal ao marxe de todas as modas. Naceu en Saumur, a súa nai morre moi nova e ela é levada a un orfanato.O seu apodo, Coco, procedía dunha canción de moda. Coco sempre foi moi libre, e pronto se instala en París donde traballou co modisto Rabaté, e xa en 1909, abre unha sombrerería co nome de Chanel no centro da capital. Tras este negocio, Coco abre varias boutiques de moda de gran éxito. Nesta época comeza a utilizar o punto nos seus deseños, o considera moi práctico porque non se arruga, e o seu estilo era sobre todo, cómodo e práctico. Os seus vestidos e traxes deste momento están inspirados na moda masculina. Despois da I Guerra Mundial, a casa de costura de Chanel, é das máis importantes do momento. Lanza a moda do cabelo curto, fomenta a sinxeleza no vestir, con traxes prácticos, incluso pantalóns deseñados para unha muller moderna, innovadora e libre. Coco é a deseñadora do célebre vestido curto e negro, este color só estaba, ata entón, reservado para o luto. Convírtese nun clásico da moda feminina, a sobriedade é a marca do seu estilo. Os deseños de Coco sempre van acompañados de complementos adecuados, por iso recurre á bisutería como sobrias xoias de pedras semipreciosas, perlas, brazaletes etc. A partir de 1930 aposta por unha silueta máis feminina, por iso utiliza seda nos elegantes traxes de noite. Durante a II Guerra Mundial pecha a súa casa de costura para adicarse aos perfumes. Sen embargo, nos anos 50 volve a abrir, o símbolo desta volta é o traxa chaqueta de tweed escocés, zapatos de dous cores e bolso de material acolchado con cadea dourada. A deseñadora morre en 1971, despois dunha azarosa vida.

A continuación podemos ver unhas imaxes da vida e traballo desta revolucionaria deseñadora.



Antía García Diéguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario