jueves, 18 de febrero de 2010

O Imperialismo británico

O Imperio Británico comprendeu, durante o Imperialismo (época posterior á II Revolución Industrial durante a cal as grandes potencias se propuxeron conquistar o mundo creando os grandes Imperios coloniais) diversos dominios, colonias de explotación e de poboamento, ademáis de varios protectorados en todo o mundo. Antes do Imperialismo, a partires do século XVI, o Imperio Británico, tamén comezou a dominar numerosos territorios pero non coa importancia posterior, durante o Imperialismo. A inicios do XX, momento de maior expansión, o Imperio comprendía preto de 530 millóns de habitantes e comprendía uns 35 millóns de KM cadrados (case unha cuarta parte da poboación mundial). Esta expansión levouse a cabo mediante unha serie de fases que mantiñan relación co comercio, a colonización, a conquista e a actividade diplomática. A extensión do Imperio supuxo tamén a expansión da tecnoloxía, do comercio, do idioma, da cultura e da forma de goberno británicos ó redor de todo o planeta. As causas que deron lugar a isto foron: a búsqueda de novos mercados para vender os seus excedentes, a procura de materias primas, a inversión de capitais, entre outros factores demográficos e sociais. A mediados do XIX Inglaterra era a primeira potencia colonial en Europa. Dominaba unha serie de portos de escala (Malta, Corfú, Illas Xónicas, Xibraltar, O Cabo, Illa Mauricio, Singapur...), factorías comerciais na costa africana (Serra Leona e Gambia), colonias de plantación (Antillas, Honduras e G¨¨UIana), diferentes dominios (Canadá, Sudáfrica, Australia e Nova Zelandia) e a India (denominada "a Xoia da Coroa). Máis adiante, pouco antes de 1880, África era un continente case descoñecido por completo na maior parte do seu territorio. O Imperio Británico conquista parte destes territorios e comezou a realizar unha serie de expedicións empezando polo mediterráneo e extendéndose cara ó sur. A conquista en África foi relativamente sinxela, pois atoparon pouca resistencia dos pobos africanos. Gran Bretaña loitou con outras potencias polo dominio de novos territorios, e para evitar conflitos, as potencias reuníronse en 1885 na Conferencia de Berlín, para repartir o continente ata entón bastante descoñecido. A Gran Bretaña correspondéronlle Serra Leona e Gambia (Que xa formaban parte do Imperio), Nixeria, Kenya, Exipto, Sudán E a parte do sur de África comprendida entre Rodesia e O Cabo. A colonización asiática de Gran Bretaña foi similar á de África pero coa diferencia que aquí interviron potencias non europeas como Rusia, Xapón e EEUU. Tras diversas guerras, como as chamadas "Guerras de Opio", o Imperio Británico someteu a países como Singapur, Hong-Kong, Brunei e Birmania, así como a India. Ésta era a máxima exportadora de materias primas e o motor do Imperio. Outras zonas colonizadas foron; en Oceanía, Australia e Nova Zelandia; en Próximo Oriente, Beluchistán e Afganistán; en América, Canadá. Todo isto supuxo unha gran fonte de riquezas para Gran Bretaña, que importaba todo cara a metrópole (ouro, diamantes, estaño, cobre, carne, trigo, lá, algodón, aceite, trigo, té...). Sen embargo, o peso e o mantemento destes territorios, o gran desgaste económico e o aumento dos sentimentos nacionalistas das colonias pasaron factura ó Imperio Británico, polo que a descolonización de territorios como a India e diversas colonias de América e África foi inminente. Pero non foi até finalizar a II Guerra Mundial cando Gran Bretaña cedeu o seu posto de primeira potencia mundial ós EEUU, e concedeu a independencia ás múltiples colonias de todo o mundo.
Javier Cabana Soengas

No hay comentarios:

Publicar un comentario