domingo, 21 de febrero de 2010

Monet: A estación de Saint-Lazare

Esta pintura co título "A estación de Saint-Lazare" de 1877 é de Claude Monet, un dos máis grandes pintores impresionistas. O Impresionismo é unha corrente artística, principalmente pictórica, de finais do século XIX e que revolucionou o mundo da arte, poñendo a base das Vangardas do XX. Entre as características deste movemento atópase o amor pola paisaxe, que se convirte na protagonista do cadro, unha técnica de pincelada solta, en toques, o intento de plasmar a atmosfera nun determinado momento do día, coas condicións lumínicas dun intre determinado...Nesta obra , o tema é a importancia dos novos medios de transporte nas novas cidades industriais de finais do XIX. Monet descompón os obxectos en manchas e trazos de cor, sen liñas, utilizando esa pincelada solta tan propia dos impresionistas. As cores utilizadas son escuras, utiliza unha luz artificial que se mestura co fume, dando lugar a formas difuminadas. A obra atópase na actualidade no Museo d'Orsay en París.
Beatriz Martínez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario