domingo, 21 de febrero de 2010

Mata Hari: a historia dunha espía

Mata Hari foi o nome artístico de Margaretha Geertruida Zelle, una famosa bailarina de striptease e cotesá, condenada a morte durante a I Guerra Mundial acusada de espionaxe. Os tristes sucesos da súa vida como a morte dun fillo, o problema de alcoholismo do seu esposo e a súa constante soidade, fixo que contactara coas culturas orientais e que se convertera nunha cortesá de luxo. Mata Hari fíxose pasar por unha princesa de Xava e exerceu de bailarina exótica nos seus espectáculos. Tivo romances con importantes militares e homes da alta sociedade. Mentres exercía como bailarina e cortesá namorouse dun xove ruso, e aceptou o encargo de espiar para Francia a un embaixador alemán. Mata Hari aceptou ser espía para a República para seguir vendo o seu namorado. Cando os alemáns se enteran, téndenlle unha trampa; enviáronlle unha mensaxe cifrada cunha clave que os franceses sabían descifrar, deste xeito en París crerían que Mata Hari era unha espía dos alemáns e tamén dos franceses. Por isto foi declarada culpable de ser unha axente doble e foi levada a xuízo. As probas non foron concluintes. Durante o xuízo atribúeselle a frase: "¿Unha ramera?, ¡Si!; per unha traidora...xamáis. Foi fusilada e a súa cabeza estivo exposta no Museo de criminais de Francia ata 1958, ano no que foi roubada, seguramente por un admirador da bela Mata Hari.
Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario