viernes, 19 de febrero de 2010

1914: O asasinato de Saraxevo


O 28 de xuño de 1914, na cidade de Saraxevo, Gavrilo Princip, un nacionalista serbio , asasina ao príncipe Francisco Fernando de Austria, herdeiro da Coroa do Imperio austrohúngaro, e a súa esposa, a condesa checa, Sofía Chotek,. Este atentado foi o detonante da I Guerra Mundial. As autoridades austríacas escolleron o 28 de xuño para a visita dos herdeiros á Saraxevo porque era o día dunha simbólica festividade relixiosa, e era tamén o día do aniversario do matrimonio dos archiduques. O atentado foi realizado pola Xoven Bosnia, un grupo anarquista, que dispoñía de armas, bombas e de cianuro subministradas pola Man Negra, unha sociedade secreta. Os conspiradores carecían de calquera experiencia no manexo das armas, e tan só por una serie de verdadeiras coincidencias lograron realizar o magnicidio. As 10:15 da mañá, o cortexo de vehículos pasou ante un dos membros do grupo terrorista, éste intentou apuntar desde un edificio, pero non logrou obter un bo ángulo para disparar, e decide non facelo por medo ao fracaso da misión. Outro dos conspiradores arroxou, máis tarde, unha bomba contra o vehículo do archiduque, pero fallou o lanzamento. O propio Francisco Fernando colleu a bomba coas súas propias mans, e a lanzou fora do coche. A explosión feriu gravemente a gran parte dos espectadores. Un terceiro membro do grupo tragou a súa cápsula de cianuro e arroxouse ao río Miljacka. A policía sacouno do río, e este foi fortemente golpeado polo público antes de ser posto baixo custodia policial. A cápsula de cianuro que inxeriu non produciu o efecto esperado. Outros compoñentes do grupo terrorista fuxiron e o resto dos conspiradores non tivo oportunidade de actuar debido aos movementos da xente. Non obstante, o archiduque decidiu encamiñarse cara ó hospital para efectuar unha visita ás vítimas da bomba alí ingresadas. Durante este tempo, Gavrilo Princip, que se dirixira cara unha tenda das proximidades para adquirir un bocadillo, viu o coche do archiduque Francisco Fernando pasar polas proximidades da Ponte Latino. Princip disparou dúas veces: a primeira bala atravesou a porta do vehículo alcanzando á archiduquesa no abdome, mentres que a segunda bala feriu a Francisco Fernando no colo, falecendo os dous uns minutos máis tarde. Princip intentou suicidarse, nun primeiro lugar mediante a inxecta dunha cápsula de cianuro, e logo incluso coa súa propia pistola, pero vomitou o veleno, e a pistola foille arrincada das mans por un grupo de espectadores antes de que tivese nin sequera tempo para utilizala contra si mesmo. Durante o seu interrogatorio os conxurados non desvelaron nada respecto da conspiración. Tras o magnicidio, o Imperio austrohúngaro decláralle a guerra. a Serbia. Isto deu lugar o comezo da Gran Guerra, debido ao xogo de alianzas entre países.

Sofía López García

Raquel Almuiña Casas

No hay comentarios:

Publicar un comentario