sábado, 19 de diciembre de 2009

A sociedade española do XIX: As clases populares urbanas



Co termo de clases populares referímosnos ao grupo social máis desfavorecido do século XIX; son os artesáns e os grupos urbanos que se dedicaban aos servizos, ademáis dun número alto de mulleres que traballaban no servizo doméstico. A muller relegada na súa casa corresponde ao ideal burgués. Na España do século XIX aínda pervivía o mundo artesán e gremial. O crecemento urbano e a nova estrutura do estado liberal concentraron nas cidades a unha serie de traballadores de servizos relacionados coa infraestrutura urbana. O volume crecente dos negocios deu traballo a empregados de bancos, de sociedades financeiras e dependientes de comercio. Este conxunto bordeaba o límite entre as clases medias e as clases populares.
No século XIX aparece unha nova clase social, o proletariado. Os seus orixes van ligados ao proceso de industrialización. A aparición da industria moderna supuxo unha organización do traballo diferente a do antigo sistema gremial. As novas fábricas utilizaban unha man de obra asalariada proletaria. O patrón propietario dun establecemento industrial, compraba a forza de traballo dun obreiro a cambio dun salario. O traballo na fábrica ocupaba todas as horas do día e todos os días do ano, e non se podía compatibilizar con outras ocupacións.
As xornadas laborais eran de doce a catorce horas en establecemientos escuros, húmidos e mal ventilados. Mulleres e nenos de máis de sete anos eran emprgados nas las fábricas e cobraban salarios moi inferiores aos dos homes. Os salarios eran moi reducidos e daban só para comer. As casas eran pequenas ye se atopaban ubicadas en barrios moi pobres que carecían dos servizos de alumeado e de limpeza, de cloacas e ata de empedrado. As enfermidades infecciosas se propagaban de forma rápida nestes barrios.
Mª Isabel Fulgueira Quintás

3 comentarios:

  1. Si que eran moi desfavorecidos...

    Moi bo traballo !

    ResponderEliminar
  2. MARIA ISABEL:
    este traballo e dos mais curiosos do blog,
    para min esta bastante ben, claro que non perfecto
    enhoraboa

    ResponderEliminar
  3. un bo trballo
    dos que mais me gustou!
    que traballadora!
    tes moitos traballos
    e todos moi bos
    enhoraboa

    ResponderEliminar