miércoles, 16 de diciembre de 2009

Os inicios da industrialización en Galicia: as conserveiras


A finais do século XIX, na década de 1880, iníciase na ría de Vigo, a apertura das fábricas conserveiras de peixe. Debeuse principalmente á chegada de empresarios burgueses cataláns e desenvolveuse grazas a capitais franceses. Tratábase dunha actividade herdeira das coñecidas salazóns das Rías Baixas. Estas empresas vanse especializar na conserva de sardiñas. En 1904 créase en Vigo a "Unión de Fabricantes de Conservas de la Ría de Vigo", testemuña da importancia desta incipiente industria galega. As innovación tecnolóxicas eran constantes, por exemplo o peche das latas ou os métodos de conservación das mesmas. Axiña se converteu nun traballo propiamente feminino, as mulleres obreiras traballaban a través, moitas veces, de simples contratos verbais. Durante o primeiro tercio do século XX, a industria conserveira atravesa unha fase expansiva, xa que nos anos da I Guerra Mundial, hai unha gran demanda no frente destes produtos enlatados. Non só experimentaron un crecemento as conserveiras senón todas as empresas "auxiliares" de peixe; falamos das latas, do aceite...Iníciase unha verdadeira concentración empresarial neses anos. A finais dos anos 20 e principios da década dos 30, debido a Gran Depresión, as conserveiras pasan por unha fase crítica. Coa Guerra Civil hai un certo repunte. Ao longo dos 60 mantéñense, e volven a pasar por unha crítica fase coa Reconversión Industrial dos anos 80. Hoxe en día Galicia é a segunda exportadora de conservas de pescado do mundo.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario