domingo, 13 de diciembre de 2009

A locomotora de vapor



Unha locomotora de vapor é unha máquina impulsada pola acción do vapor de auga. As locomotoras de vapor foron a forma de tracción nos ferrocarrís ata mediados do século XX, no que foron substituidas polas locomotoras diésel e as eléctricas. En 1769 o inglés James Watt inventou a máquina de vapor que utilizaba a enerxía do vapor de auga para impulsar o movemento noutros mecanismos. Gracias a esta máquina de vapor, George Stephenson fabricou a primera locomotora de vapor en 1814. O funcionamiento da locomotora a vapor é como segue: a auga do vapor pasa a un contenedor por unha válvula de entrada que regula a cantidade de vapor, se se quere cortar o suministro, basta con pechar a válvula. Na locomotora tamén se atopa a chamada "caixa de fumes" e unha caldeira na que se queima a madeira e o carbón, producindo calor. O vapor pasa a un cilindro, empurrando un pistón cara adiante e cara atrás, o aire quente e o fume pasan a un tanque de auga, atravesando uns tubos e quentando a auga ao seu redor ata trasformalo en vapor. O vapor e o fume saen pola cheminea. O 21 de febreiro de 1804, Richard Trevithich amosa o seu invento no ferrocarril mineiro de Penydarren en Gales (Reino Unido). Foi a primeira locomotora de ferrocarril do mundo. Fixo un percorrido de 16 km. en catro horas, arrastrando dez toneladas de ferro nas que iban sentados setenta homes. A locomotora máis grande, pesada e potente que tirou dun tren foi a chamada “Big Boy” creada entre 1941 y 1945, durante a II Guerra Mundial. Medía metros de largo, tres de ancho, e cinco metros de alto, e pesaba máis de 600 toneladas cada unha. Unha locomotora podía remolcar unha carga de seis veces o seu peso, e estaba deseñada para percorrer as grandes curvas das montañas dos Estados Unidos. A “Big boy” tiña dos xogos de oito rodas motoras. Para mantener alimentada a caldeira, usábase un cargador mecánico ante a imposibilidade dun manual, moi lento. A locomotora máis rápida, a de Mallard, inaugurouse o 3 de xullo de 1938, establecendo un novo récord mundial de velocidade para locomotora de vapor.
Juan Carlos Rey Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario