miércoles, 16 de diciembre de 2009

Karl Marx


Karl Marx foi un filósofo alemán que naceu no 1818, e xunto con Friedrich Engels foi o creador do socialismo científico e un dos pensadores que máis influíron na historia contemporánea. Karl estudou nas universidades de Bonn, Berlín e Xena. As críticas das condicións sociais do proletariado que escribía enfrontárono coas autoridades. Os seus estudos de filosofía, historia e ciencias políticas levárono a ter unha determinada forma de pensar, e cando coñeceu a Fiedrich Engels os dous descubriron que chegaron á mesmas conclusións sobre a orixe e sobre os problemas revolucionarios. Entón comezaron a traballar xuntos e mantivéronse unidos o resto das súas vidas. Marx denunciaba a explotación da clase obreira pola burguesía e defendía a necesidade dunha revolución obreira para destruír o capitalismo. A través desa revolución o proletariado chegaría ó poder político e crearía un estado obreiro no que a propiedade pasaría a formar parte do Estado. Marx estaba en contra das desigualdades entre as diferentes clases sociais. Creou en 1864 a I Internacional, a AIT, que era a Asociación Internacional de Traballadores, formada por distintos compoñentes das doutrinas da segunda metade do século XIX. A causa das diferenzas entre eles a I Internacional fracasou, entón a II Internacional xa se fixo só para socialistas. O marxismo é unha doutrina social, económica e política da segunda metade do século XIX baseada nos pensamentos de Karl Marx e unida a dous movementos políticos moi importantes que eran o socialismo e o comunismo. O seu pensamento comezou a destacar no movemento obreiro do século XIX e o XX.

Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario