miércoles, 2 de diciembre de 2009

Jacques Louis David: o pintor da Revolución



Jacques Louis David (1748-1825) é o pintor que introduce o Neoclasicismo en Francia, sendo o máximo expoñente da época ata a caída de Napoleón Bonaparte. David naceu en París en agosto de 1748 no seo dunha familia de clase media alta. En 1774 gañou un premio en Italia e viaxou alí, onde se influenciou fortemente da arte clásica e da pintura dun pintor do século XVIII, Nicolás Poussin, de sólida inspiración clasicista. Entre as súas obras máis importantes destacan as seguntes; "O xuramento dos Horacios", encargo de Luis XVI, obra neoclásica na que destaca o dramatismo e a utilización da luz; "Xuramento do Xogo da Pelota", que representa o inicio da Revolución ; "Morte de Marat", onde vemos o propio Marat xa inánime, na bañera na que escribía a diario; e a"Coronación de Napoleón", no que retrata ao novo Emperador. David foi o pintor oficial de Napoleón, de ahí que se lle encargue a obra de "Napoleón cruzando os Alpes", propaganda do seu poder.Outras obras de David son "Morte de Sócrates" na que o filósofo, moi calmado e en paz, discute sobre a inmortalidade da alma; "A morte de Séneca" ou "Lavoisier e a súa muller". Tras a caída de Napoleón, David exiliouse en Bruselas. O seu estilo neoclásico, frío e calculador, exerceu unha gran influencia sobre outros pintores da época. Faleceu en decembro de 1825.
Jorge Gallego Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario