sábado, 12 de diciembre de 2009

Inventos do século XIX: o teléfono


En 1854, Charles Bourseul (Francia) contoulles aos seus colaboradores a idea de empregar as vibracións producidas pola voz sobre un disco flexible, co fin de activar e desactivar un circuíto eléctrico e conseguir xerar vibracións nun lugar afastado do cal foran producidas orixinalmente. Anos despois, Johann Reis (Alemaña) traballou na evolución dun instrumento que foi capaz de transmitir notas musicais, aínda que non foi quen de reproducir a voz humana. Non foi até 1877 cando, tras descubrir que para transmitir a voz humana era necesario o emprego de corrente continua, Alexander Graham Bell (EEUU), construíu o primeiro teléfono capaz de transmitir e recibir a voz humana con tódalas súas propiedades e características. Basicamente, o primeiro teléfono de Bell estaba constituído por un emisor, un receptor e un só cable de conexión polo que se transmitía a corrente eléctrica continua. O emisor e o receptor estaban constituídos por un diafragma metálico flexible e, ademais, un imán con forma de ferradura que se situaba no interior da bobina. O funcionamento do teléfono viña a ser o seguinte máis ou menos: As ondas do son emitidas pola voz humana petabam no diafragma e, no acto, facían vibrar a este últimi dentro do campo magnético do imán. Esta vibración facía chegar unha corrente á bobina (esta variaba segundo as vibracións do diafragma). Dita corrente transmitíase polo cable cara o receptor do outro teléfono, no que se repetía o proceso anterior pero desta vez, ao revés. Aínda que estes equipos podían transmitir a voz, facíano moi debilmente. Tempo despois, Emile Berliner inventou o transmisor telefónico de carbono, que constituiu a clave para a aparición do teléfono útil. Devandito invento consta dunha serie de pequeniños grans de carbono situados entre unhas láminas metálicas chamadas eléctrodos que transmiten a variación de presión a estes grans. A variación de presión orixina á súa vez unha variación na resistencia do carbono. Logo, na liña, aplícase unha corrente continua aos eléctrodos e aparece unha nova corrente resultante. A variación de corrente producida entre o transmisor e o receptor remata nunha maior potencia que a que tiña onda sonora orixinal nun comezo. A este efecto chámaselle amplificación, e é fundamental nos teléfonos para reproducir a onda orixinal con claridade.
Javier Cabana Soengas

No hay comentarios:

Publicar un comentario