domingo, 20 de diciembre de 2009

Fernando VII "El Deseado"


Fernando VII (1784-1833) foi chamado "el Deseado" o "el rey Felón". Os seus pais eran Carlos IV e María Luisa de Parma; Fernando creceu aborrecendo a súa nai e ó favorito desta, o ministro Godoy. Dende novo empezou a intrigar contra eles, sempre foi un conspirador. Cando o seu pai é recoñecido como rei en 1788, él convírtese en Príncipe de Asturias. A súa formación foi encomendada ao Padre Scio, relixioso da orde de San José de Calasanz. En 1808 estala o Motín de Aranjuez, Carlos IV abdica no seu fillo, que se convirte en Fernando VII e reina uns días en marzo dese ano. Sen embargo, debido á invasión napoleónica ten que retirarse a Baiona con toda a súa familia. Alí rexistráronse escenas moi violentas e Fernando VII abdica no seu pai, aínda que éste xa cedera previamente a súa coroa a Napoleón. Durante a Guerra de Independencia, a familia real española permanece no castelo de Valençay. En marzo de 1814 volve Fernando VII a España como rei absolutista. Non foi un rei moi querido polo pobo. Suprime toda a obra de Cádiz e persegue aos liberais. Entre 1820 e 1823 vese na obriga de aceptar a Constitución de 1812. Sen embargo, coa axuda do exército francés, "Os Cen Mil Fillos de San Luis" volve ao Absolutismo. De 1823 a 1833, a derradeira etapa do seu reinado ten que enfrentarse a grupos que apoiaban o seu irmán Carlos como o seu sucesor. En 1830 promulga a "Pragmática Sanción" que anulaba a Lei Sálica de Felipe V, e así foi como a súa filla Isabel puido reinar despois da morte de Fernando VII en 1833, baixo a Rexencia de Mª Cristina, esposa de Fernando. Tras a morte do rei comeza a viraxe cara ao Liberalismo en España.
José Ángel Rodríguez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario