lunes, 16 de noviembre de 2009

O Xuramento do Xogo da Pelota




O Xuramento do Xogo da Pelota é un compromiso de unión entre os deputados do Terceiro Estado presentado o 20 de Xullo de 1789 co fin de dotar a Francia dunha Constitución. Os deputados reuníronse na sala da “Jeu de paume” en Versalles. A redacción do escrito correu a cargo de Jean-Joseph Mouir e o abade Emmanuel-Joseph Sieyes. O texto foi lido por Jean Sylvain Bailly (Primeiro deputado do Estados Xerais e presidente da Asemblea Nacional). Este xuramento é considerado como o nacemento da Revolución Francesa.
Para celebrar o acontecemento, os xacobinos, republicanos radicais no poder entre 1792 e 1794 encargáronlle o pintor Jacques-Louis David plasmar o xuramento. David debuxou os rostros dos protagonistas da revolución con detalle, para que poideran ser recoñecidos individualmente. Simboliza o apoio do pobo de Francia o xuramento. Entre os personaxes históricos que aparecen no cadro vemos a Mirabeau, a Robespierre ou a Bailly.
Mirabeau aparece de pe a dereita do cadro, en primeiro plano, tapando a un home que reza, estaba considerado como traidor, de ahí que David quixera deixalo fora da súa obra; pero un dos seus discípulos se propuxo acabar o esbozo do seu mestre. Unha das características de David foi que procurou representar os feitos históricos con fidelidade. No cadro aparece Robespierre, foi un dos membros más influintes do Comité de Salvación Pública e gobernou durante o período dos revolucionarios xacobinos, etapa denominada como o reinado de Terror. A mirada e os brazos de todos os deputados presentes converxen en Bailly, representa o sentimento xeral de unión deste momento histórico.
O pintor do cadro, Jacques Lous David, foi un participante activo na Revolución Francesa e amigo de Robespierre. Tras a caida deste, foi encadeado, máis tarde alineouse co réxime de Napoleón Bonaparte. Foi o pintor da revolución.
Aila Fernández Fente
Ignacio Vilariño Rey


No hay comentarios:

Publicar un comentario