martes, 24 de noviembre de 2009

O papel das mulleres na Revolución Francesa


Para obter a igualdade de todos os homes, a burguesía loitou polo acceso ao poder político. As mulleres tiveron un papel moi importante durante o período revolucionario francés, xa que axudaron ao derribo da orde feudal. Independentemente da súa condición social, as francesas carecían de calquer tipo de poder, nin político, nin económico nin civil. As mulleres da burquesía permanecían nos seus fogares, oprimidas polos homes da familia, e anuladas no seu desenvolvemento como seres humanos. As mulleres dos homes que se adicaban a agricultura e á industria participaban da miseria e inxustiza da súa clase social. Os seus homes eran como os seus amos.
En 1787, no Parlamento de Grenoble, desafiouse a autoridade do rei. Foron as mulleres as que irrumpiron no Parlamento e atacaron ás tropas reais con pedras e paus. En 1789, na lista dos conquistadores da Bastilla, aparece unha muller, Marie Charpentier. No campo, as mulleres tamén se levantaron contra os señores feudais. En outubro de 1789, ante o problema da escasez do pan, foron as mulleres as que se dirixiron a Versalles e obrigaron á familia real a volver a París para telos vixiados. Dese mesmo ano é a "Petición das mulleres do Terceiro Estado ao rei", nela expresábase o seguinte: "as mulleres do Terceiro Estado naceron case todas sen fortuna. A súa educación foi moi descuidada, mo deficiente. Consiste en levalas á escola(...), unha vez cumpridos os elementais deberes da relixión se lles ensina a traballar(...). Á idade de dezaseis anos todo o que poden gañar son cinco ou seis sous por día. Pedimos instrucción e traballo, non para usurpar a autoridade do home, senón para aumentar a nosa estima, tendo medios para gañarnos a vida"
Foi Olimpia de Gouges a que escribíu "Os dereitos da muller", reclamando a igualdade civil das mulleres. Foi esta muller a que declarou: "Esta revolución non será consumada ata que todas as mulleres sexan conscientes da súa sorte deplorable e dos dereitos que hai na sociedade"
Sasha Suárez Mosquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario