viernes, 27 de noviembre de 2009

Napoleón Bonaparte, Emperador dos franceses


Naceu en Ajacio, Córsega, territorio francés. Era fillo de Carlos Bonaparte e Leticia Ramolino, os dous membros da nobreza, pero sen fortuna. Estudiou, de rapaz na Escola Militar de Brienne e despois na Escola Militar de París, aquí obtuvo o grao de subtenente de artillaría. Tras a victoriosa Batalla de Tolón en 1793, na que tivo un papel importante Napoleón, acada o grao de xeneral de brigada, e máis tarde convírtese en xeneral de división. En 1796 foille concedido o mando do exército francés en Italia polos seus méritos en materia bélica. Ese mesmo ano casou con Josefina Beauharnais. Nos anos seguintes a súa carreira militar énchese de grandes triunfos; vence a Austria e loita contra Inglaterra. En 1799 da o golpe de Brumario, chega ó poder e convírtese primeiro en Cónsul, e én 1802 foi nomeado Cónsul vitalicio. En 1804, nunha luxosa cerimonia en Notre Dame, corónase él mesmo Emperador. Napoleón colleu a coroa das mans ó Papa Pío VII e colocouna sobre a súa cabeza. Como gobernante segue unha dura política, sen liberdades e represora, ligou a Igrexa co Estado e redactou o Código Civil, máis coñecido como Código de Napoleón. No ámbito militar, formou o mellor exército do seu tempo, a Grand Armeé. Con él, leva a cabo a súa política expansionista cara a outros países. En 1809 divorciouse de Josefina e casa con María Luisa, filla do emperador de Austria. O inicio da caida de Napoleón foi en 1812 en Rusia, onde o seu exército foi vencido pola fame e o frío. En Waterloo no ano 1815 foi derrotado definitivamente. Foi desterrado á illa de Santa Elena, onde morreu en 1821.

Iván García Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario