martes, 24 de noviembre de 2009

Mulleres e revolución: Olympe de Gouges


Naceu en Montalbán nunha familia burguesa. Casou aos dezasete anos cun home maior que ela e co cal non foi feliz. Ó cabo dun tempo quedou viúva e cun fillo. Olympe quedou moi decepcionada co matrimonio. o que calificou de "a tumba da confianza e do amor", e sempre se negou a casar de novo.
Olympe vivía en París e frecuentaba os Salóns onde coñeceu á elite intelectual do século XVIII. Emprendeu unha carreira literaria e montou unha compañía de teatro. A súa obra máis coñecida é "A escravitude dos negros", moi atrevida, xa que pretendía chamar a atención sobre as malas condicións dos escravos negros. Moitos dos actores non a quixeron interpretar porque as súas familias dependían económicamente do comercio de escravos. Por isto, Olympè foi encadeada aínda que os seus amigos lograron liberala. A obra puido ser representada nos anos da revolución.
En 1791 Olympe de Gouges escribíu a súa famosa "Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá" afirmando a igualdade de dereitos entre os sexos. Os seus traballos foron profundamente feministas e revolucionarios. Defendeu a igualdade da muller en todos os seus aspectos da vida pública e privada. A defensa que fixo esta muller dos Xirondinos despois de que estes foran eliminados da vida política deu lugar a súa detención e á condena a morte. Foi guillotinada en novembro de 1793.
Ana Vila García
Raquel Nogueira Fuertes

No hay comentarios:

Publicar un comentario