viernes, 27 de noviembre de 2009

Exilio e morte de Napoleón


Napoleón Bonaparte foi desterrado polos ingleses á illa de Santa Helena no Atlántico sur en 1815, tras a batalla de Waterloo. Instalouse cun pequeno grupo de seguidores, e alí escribíu as súas memorias. Estaba afectado por unha enfermidade no estómago, sempre tiña certa pesadez e dor no costado dereito. Os médicos sempre lle diagnosticaron unha infección no fígado, pero él sempre sospeitou que padecía a mesma doenza que o seu pai, un cancro no estómago, pero nunca llo dixo a ninguén. As últimas investigacións realizadas con mostras do seu cabelo, revelan que a morte do antigo Emperador dos franceses debeuse á alta concentración de veleno, concretamente arsénico no corpo. Isto suxire que a súa morte foi intencionada, ben un suicidio ou un asasinato. As súas cinzas foron trasladadas a Francia a bordo de Belle Poule en outubro de 1840. A tumba de Napoleón atópase hoxe en día baixo a cúpula dos Inválidos de París. Parece ser que as súas últimas palabras foron "France, l'Armeé, Josephine", ou según outras versións "Teté...Armeé...Mon Dieu". Napoleón estipulou no seu testamento o desexo de ser enterrado ás beiras do Sena. A chegada dos seus restos a Francia foi moi esperada. Centos de persoas visitan a súa tumba cada ano.

Iván García Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario