miércoles, 18 de noviembre de 2009

A fuga de Varennes



O plan de fuga dos reis de Francia foi ben organizado, pero atopouse con diversas dificultades nos días previos. Luis XVI quería viaxar nunha luxosa carroza, digna dun rei, e non nunha pequena carruaxe como se tiña previsto. María Antonieta quixo levar a dúas enfermeiras e ao seu estilista. O seren tantas persoas, puña en perigo o plan. A familia real escapou do Palacio das Tullerías nunha carruaxe sinxela e vestidos sen chamar a atención. De feito, cruzáronse co Conde de Lafayette, e este non se decatou de quen, en realidade eran. O rei deixou escrita unha daclaración queixándose das medidas que foran tomadas nos anos da Monarquía Constitucional e o trato que recibira dos revolucionarios. Tan só un día despois da fuga, foi recoñecida a familia real e arrestados en Varennes-Argonne. Un irmán do rei logrou fuxir cara Bruselas, onde se uníu aos emigrados da revolución. Cando os detidos chegaron a París, a multitude estaba esperando en absoluto silencio. A Asamblea Nacional suspendeu ao rei e mantivo á parella real baixo custodia. Algúns republicanos esixiron un xuízo por traizón á patria. Luis XVI e María Antonieta foron executados na guillotina o 21 de xaneiro e o 16 de outubro de 1793, respectivamente.
Raquel Almuiña Casas e Iago Montes Vázquez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario