miércoles, 14 de octubre de 2009

Un día na vida de Luis XIV



O día para o rei Louis XIV en Versalles comezaba as 8:30h coa cerimonia chamada “le lever du roi” (o despertar do rei). O axudante de cámara acercábase a el dicíndolle: “señor é a hora”. Posteriormente o médico e o ciruxián certificaban que tiña unha boa saúde, e aparecían os membros da familia real.
Despois dun cuarto de hora de oracións, chegaba o "petit lever" (o pequeno despertar). Un barbeiro aseaba o rei e dous cortesanos axudabano a vestirse e despois almorzaba . A continuación viña “o grand lever” (o gran despertar), o que acudían entre 40 e 100 persoas, que asistían en silencio mentres o monarca se acababa de vestir.
Despois de estos actos, o rei e os seus cortesanos atravesaban a galería dos Espellos para ir a misa á capela. Durante este traxecto o rei recibia peticións por escrito que un dos seus gardas se encargaba de recoller.
Trala misa o rei reuniase cos seus ministros.
O xantar era as 13:00h. En principio era privado para o rei e a súa familia, pero Louis XIV acostumaba invitar a algúns cortesanos. Había dous tipos de de menú: o primeiro estaba composto por cinco clases de sopa, catorce entrantes e dezaseis entremeses.
Polas tardes, o monarca habituaba pasear polos xardíns ou cazaba polos bosques próximos. Despois, atendía outros asuntos de Estado.
O día aproximábase ó seu fin ás 22:00 ca cena. De novo, o rei e a súa familia ceaban baixo a atenta mirada dos cortesanos. E para rematar, tiña lugar “le coucher du roi” ( o rei acóstase), ás 23:30, cando os nobres elixidos lle daban as boas noites.

Uxía Gómez Méndez

No hay comentarios:

Publicar un comentario