martes, 13 de octubre de 2009

A sociedade estamental: os non privilexiados



O Antigo Réxime designa a aquelas sociedades da Idade Moderna caracterizadas polo Absolutismo, unha economía señorial e unha sociedade estamental composta polos grupos privilexiados e os non privilexiados.
Neste pequeno informe centrarémonos no grupo dos non privilexiados; quen eran e en que condicións vivían?
Os non privilexiados eran o estado raso, persoas moi diferentes económicamente, pero unidas pola oposición aos privilexiados. O estado raso pagaba impostos e adicábase a actividades productivas; incluía á burguesía e as clases populares. O grupo máis activo era a burguesía, pero, a pesar do seu enriquecemento polas actividades comerciais, atopábase marxinada do poder. As clases populares incluían aos traballadores e campesiños, era o grupo máis numeroso e as súas condicións de vida moi duras
Coas transformacións económicas do século XVIII acentuáronse as diferencias neste estamento; a burguesía afiánzase e alónxase das clases populares. Os máis ricos imitaban á nobreza, vivían con moito luxo, e casaban aos seus fillos en matrimonios de conveniencia con nobres que tiñan problemas económicos
O resto eran pobres e as súas condicións de vida eran malas, vivían no risco constante de padecer fame e penurias. A suba constante dos impostos non fixo máis que empeorar a súa situación. Os campesiños tiveron que alternar as labores do campo con outros traballos nos meses de inactividade agraria.
En España, ao estado raso pertencía o 90 % da poboación, e, a súa vez, os campesiños ocupaban o 90% deste sector, fronte a pouco máis do 10% da poboación urbana. Na maior parte do agro imperaba o descontento por unha situación económica insostible.

Alberto Núñez Besteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario