viernes, 16 de octubre de 2009

O tráfico de escravos



A escravitude é a situación na que un individuo está baixo o control doutro, perdendo a capacidade de dispoñer de si mesmo.
Os escravos eran legalmente definidos como unha mercadoría que o propietario pode vender, comprar, ceder ou ser trocado por unha débeda. Non podían facer nada para deter o seu intercambio. A maioría das veces, había diferenzas raciais entre o comerciante de escravos e escravas, xa que a escravitude está baseada nunha forte discriminación racial, na que a raza á que pertence o propietario está considerada superior á do escravo. É moi raro que os escravos sexan membros da mesma raza que o dono, pero unha das poucas excepcións ocorreu en Rusia durante os séculos XVII e XVIII. Historicamente utilizábase este comercio como actividade económica xa que eran empregados como man de obra.
Na Idade Moderna, o descubrimento e colonización de América foi unha das maiores fontes de escravos, xa que a explotación económica demandaba abundante man de obra. África foi o continente dende o que se exportaban máis escravos. Alí eran capturados e transportados cara as costas occidentais e levados a América a traballar nas prntacións de cana de azucre no Brasil e nas de algodón dos territorios sureños de América do Norte. Moitos morrían no traxecto debido ás condicións infrahumanas da viaxe. Portugal, e máis concretamente Lisboa, foi o maior mercado mundial de escravos.
No século XVI os españois obrigaban aos indíxenas a grandes labores agrícolas e traballar nas minas. Moitos morrían porque non se adaptaban a ese tipo de condicións, xa que os traballos eran moi duros.
No século XIX a supresión da escravitude fíxose en dúas fases; primeiro prohíbese a trata de escravos (Gran Bretaña en 1807 e Francia en 1815), e máis tarde prodúcese a emancipación dos mesmos (1833 por Gran Bretaña e 1848 por Francia). Gran Bretaña foi o país que impulsou máis o movemento abolicionista.
Juan Carlos Rey Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario