jueves, 22 de octubre de 2009

Goya: un pintor entre duas épocas



Naceu en Zaragoza en 1.746. Foi o pintor por excelencia da época neoclásica en España e símbolo de referencia para outros pintores. O seu estilo inaugura o Romanticismo e o comezo da pintura contemporánea , ademáis é considerado precursor das Vangardias pictóricas do séc. XX
Os seus retratos, cartóns para tapices, gravados e cadros reflicten a historia do seu tempo. Esta grande obra divídese en tres fases; a primeira como pintor da corte, na que destacan retratos da familia real e cartóns para a Real fábrica de tapices; a segunda coincide coa invasión francesa e o seu estilo reflicte os sentimentos de traxedia e horror pola guerra; na terceira etapa realizou os cadros máis escuros chegando ó macabro. En 1793 padeceu unha grave enfermidade e achégase a unha pintura máis creativa coa que inicia a fase madura e a transición cara a estética romántica. Ten gran popularidade a súa “maja desnuda” pola polémica qe se desencadeou en torno a identidade da muller retratada. A comezos do século XIX, emprende o camiño cara o arte burgués e cando finaliza o conflicto hispano-francés pinta dous grandes cadros sobre o levantamento do 2 de maio de 1808, que sentan como precedente estético e temático para o “cadro de historia”que alcanza unha mensaxe universal. A súa obra culminante é a serie de pinturas murais ó óleo que decoraron a súa casa de campo, son as “pinturas negras”, que anticipan a pintura contemporánea e os movementos da vanguardia que marcarían o século xx.
Cintia García Fociños. Colaboración IES Palas de Rei

1 comentario: